Nestas datas de descanso para algúns, os nosos rapaces seguirán traballando no que máis lle gusta: o Fútbol. Ao longo de esta ponte 6 equipos do Sálvora competirán en diferentes torneos ao longo da xeografía galega.
O Benxamín B, competirá este xoves na Ames Cup un torneo que ano a ano vai sumando calidade e boa organización acadando un recoñecemento a nivel galego. Tamén na xornada do xoves a categoría Prebenxamín competirá na III Edición do torneo de Aguiño, o clube estará representado polo Sálvora A, e a E.F Sálvora.
Por último e rematando coa xornada do xoves Santo, o equipo Infantil B, competirá no prestixioso Torneo de Lalín de F-11. Os rapaces de primeiro ano capitaneados por Artola e Álvaro, chegan a Lalín coa ilusión de meterse na Fase Final.
Na xornada de viernes o Benxamín A, que adestra Anxo Orellán, disputará o Torneo de Aguiño. O Infantil A que adestra José Mato disputará o Trofeo Cidade de Ribeira de F-11, na súa primeira edición.
Por último, na xornada do sábado, o Alevín A, viaxará a Bertamiráns para disputar a Ames Cup da mesma categoría.


No hay comentarios:
Publicar un comentario