24 de junio de 2013

NON PUDO SER

Non pudo ser e o equipo senior caeu por 2-3 ante o Baio e non pudo conquerir o ascenso a 1ª Autonómica.
Nun campo de A Fieiteira con máis de 1.200 personas, e con moitos seguidores chegados desde Baio, dando colorido as gradas, o equipo visitante adiantouse no minuto 7 con gol de Martín e no minuto 30 por medio dun penalti transformado por Alberto, aproveitando o nerviosismo dos locais. Sen embargo este repuxeronso e conqueriron empatar antes do descanso con goles de Manu Millán e Isis de penalti.
Na segunda metade o equipo volcouse ante a meta rival con ocasións claras que non puderon aproveitar e nunha contra co noso equipo volcado MC no 89 logrou o definitivo 2-3.
Queremos agradecer a afición que subeu a animarnos ata A Fieiteira o seu apoio e toda aquela que non pudo asistir pero que estiveron pendentes de nos e tamén, como non, felicitar a afición e o equipo do CD Baio polo seu ascenso de categoría.
Por último agradecer o esforzo dos xogadores e adestrador durante todo o ano, en especial nestes últimos días, donde o compromiso e unión de todos fixo que entre todos viviramos uns días inesquecibles.

No hay comentarios: