Fin de semana con bos resultados para os equipos do clube e o que é máis importante con diversión para os nenos que competiron en diferentes torneos.
Empezamos o venres cos Prebenxamíns que competiron en Vilagarcia na Fase Final gañando 1 partido e perdendo 2. Os Benxamíns B en partido de Liga venceron 6-0 ao Cd Rois o venres pola mañan en partido de Liga e pola tarde tamén en Liga o Alevín B gañou 1-4 en As Furnas diante do equipo local a SD Xuño.
O Sábado os Prebenxamíns na Copa de Campeóns desprazaronse ata Ribadeo (si como leen ata Ribadeo) para xogar diante do equipo local no partido de ida colleitando unha derrota por 3-2 o que fai que os rapaces de Cuco e Leo teñan opción este fin de semana de remontar a eliminatoria.
No Torneo de Rois o equipo Alevín B tras gañar o sábado diante de Amio e Villestro e empatar co Bastavales o Domingo caeron en cuartos de final diante do Montañeros.
No Torneo de Porto do Son o Alevín A de Siño e Suso lograron o campeonato. Na fase de grupos disputada o sábado venceron 3-0 o Bertamiráns, 4-0 o Xuño e 5-0 o Porto do Son. O Domingo en cuartos gañaron 4-3 o equipo femenino infantil do CD Conxo, en semifinais venceron por 1-0 o Milladoiro e na Gran Final derrotaron por 5-1 ao Carreira CF. A destacar que o xogador do Sálvora CF Roberto Moreira foi o máximo goleador do Torneo.
E se este Fin de semana foi atractivo preparense para o seguinte desde o venres ata o Domingo compiten diferentes equipos do clube coma os Cadetes e Infantís B na Copa do Sar, os Alevins e Benxamíns B na Previa da Copa Sálvora 2013, os Prebenxamíns no partido de volta da eliminatoria fronte a SD Ribadeo e o equipo Senior debuta na Liguilla de ascenso a 1ª Autonómica fronte a SD Agolada....
Nos vindeiros días colgaremos os horarios de todos estes partidos....
No hay comentarios:
Publicar un comentario