Fin de semana repleto de actividades e competicións. Un ano máis o clube organiza a Copa Sálvora de Fútbol Base para as categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín, que comeza o sábado con 48 equipos inscritos e que nos van facer disfrutar do deporte base en todo o seu esplendor durante todo o fin de semana en A Fieiteira.
O Domingo as 17:30 horas o equipo Cadete xoga o partido de ida de Promoción de ascenso a Liga Galega diante do CD Foz (Campeón do grupo da provincia de Lugo) no Campo Sintético de A Fieiteira (Por primeira vez un equipo do clube chega a xogar esta fase, sendo este grupo de rapaces os que acadaron un título de liga en infantíl ascendeno a 1ª autonómica e un ascenso xa en cadetes a 1ª autonómica no seu primeiro ano na categoría cadete e que agora van a voltar a loitar por un novo ascenso neste caso a toda unha Liga Galega).
Tamén o Domingo as 18:00 horas o equipo Senior xoga o segundo partido da liguilla de ascenso a 1ª Autonómica. O equipo desplazase ata o Platas Reinoso de Baio para xogar diante do equipo local.
A xunta directiva pon a disposición de todos os aficionados un autobús gratuíto que sairá as 16:00 horas da Estación de autobuses para todos os que queiran acompañar o equipo. Poden anotarse no Capitán Morgan ou no teléfono 691891622.

No hay comentarios:
Publicar un comentario