26 de febrero de 2013

NOTA DA DIRECTIVA DO SÁLVORA CF

Trala publicación o luns 25 de Febreiro na edición en papel de La Voz de Galicia – Edición Barbanza dunha noticia relacionada co comportamento dos aficionados do Sálvora de categoría cadete no partido Sálvora CF - CD Boiro a Xunta directiva quere facer unha serie de aclaracións sobre o sucedido:
*       Repróbase totalmente a actitude do colaborador do Sálvora CF, o cal se aprecia na foto como se encara e recrimínalle unha xogada o árbitro, o cal será motivo de sanción polo reflexado na acta polo colexiado. Pediulle desculpas o acabar o partido e o árbitro non quixo reflexalo na acta. Unha acción e imaxe que desgraciadamente é habitual en tódolos campos de fútbol e que remata como sempre cunha sanción por parte da Federación, pero que nunca e repito nunca sae reflexada na prensa xa que o colexiado como el índica na acta non foi agredido.
*       En canto o titular publicado “Aficionados del Sálvora de Cadetes ameazaron a un árbitro” queremos facer constar que tal e como queda rexistrado na Acta foi solo un aficionado o que se encarou co colexiado. O pé de foto tamén é incorrecto porque pon que foi o primeiro aficionado e FOI O ÚNICO. O árbitro como queda reflexado tamén no acta agradece o tráballo do Delegado Local, o cal tivo que botar a xente do campo pero non por que fora xunto o árbitro senón que os aficionados, tanto do Sálvora coma do Boiro, que estaban na grada o acabar o partido cruzan polo campo para evitar ter que rodealo.
*       A persoa que sacou esta instantánea estivo durante todo o partido a carón do banquillo visitante e en algunha ocasión dentro do mesmo, estando nas redes sociais durante a semana falando con amigos do Cd Boiro de que a ía liar. Para máis señas, tras acabar o partido xa colgou a foto en redes sociais ríndose do que había feito e pedindo os seus amigos que compraran e lerán o luns a edición impresa de La Voz de Galicia donde lle publicaban a súa instantánea (foto que xa enviara a un periodista de La Voz de Galicia tras acabar o partido). Este fotoperiodista, como el se autoproclama e menor de idade e pensamos que ademais desta foto tería que mostrar outras donde se aprecian outras actitudes como o intento de agresión a un xogador do Sálvora CF preto da cantina por un “aficionado”, feito que non sucedeu porque a cordura imperou entre tódolos país alí presentes, ou outros actos que non son necesarios comentar. Por certo que moitas das fotos que sacou foinas enviando o momento por redes sociais con imaxes de todo tipo, incluso ata chegou a velas algún adestrador do Sálvora CF que lle comentou os amigos deste “Fotoperiodista” que esperaba que publicara todas e non só as que lle viñan ben a el e os seus amigos. Penso que non é consciente do dano que lle pode facer a un club estas “chiquilladas”, e o máis grave e que se amose todo contento dos seus actos nas redes sociais e quede impune.
*       O periodista de La Voz de Galicia chamou o noso presidente as 16:30 e as 19:30 do Domingo 24 de Febreiro para saber a nosa versión o cal lle contou a versión que estamos dando e cal foi a nosa sorpresa que o luns abrimos o xornal e dáselle máis credibilidade a un menor de idade por unha foto que sacada de contexto parece outra cousa, con todo o que había falado durante a semana e nos minutos posteriores nas redes sociais, que a palabra do noso presidente e a acta arbitral. Cando noutros actos organizados polo club, apenas publican ou se equivocan incluso mandando a nota de prensa ou directamente non se presentan a unha rolda de prensa de presentación dun torneo donde acude unha tal “Verónica Boquete”. (Feito que saíu publicado no Diario Marca e non no medio do que estamos a falar)
*       Vemos correcto que o periódico publique unha acción antideportiva dun colaborador noso, que repito e totalmente REXEITABLE, pero é canto menos curioso que na información nos se conten outros detalles ocorridos, e só se ofreza a versión “imparcial” dun Fotoperiodista que estaba no banquillo visitante e amigo de varios xogadores.
*       Agradecer o comportamento dos xogadores e adestradores dos dous equipos que tiveron un comportamento exemplar en todo momento, agás os pequenos roces dun partido moi disputado e igualado.
A DIRECTIVA DO SÁLVORA CF

1 comentario:

José Ángel dijo...

Carlos quienes son esas dos personas con las que no estás a gusto?