21 de febrero de 2013

NOTA DE PRENSA SÁLVORA-URDILDE

 
DOMINGO TODOS Á FIEITEIRA!



O vindeiro Domingo 24 de Febreiro a partir das 16:45 horas celebrase no Campo Municipal Sintético de A Fieiteira o partido do Grupo 5 de Segunda Autonómica entre o Sálvora CF e a SD Urdilde.
A xunta directiva do Sálvora CF (clube riveirense e líder neste intre da competición), tomou a decisión de que neste encontro tódolos pais e nais das categorías Base do Clube que queiran asistir o encontro teñan a entrada gratuíta como forma de recoñecemento pola confianza depositada nesta entidade que preside Ramón Martínez Becerra, para continuar a educación dos seus fillos/as dentro do ámbito social e deportivo neste clube.
Asemade tódolos rapaces das categorías Base do clube que asistan o encontro participarán no sorteo dun Balón de fútbol da Selección Española.
Na actualidade o clube conta con 150 nenos divididos en 9 equipos desde Prebenxamíns ata Cadetes e cun equipo senior en Segunda Autonómica. A esto debemos sumar os máis de 50 nenos que están na Escola de Fútbol do clube.
Tanto o clube como a Escola de Fútbol forman parte do proxecto desta entidade na que tamén debemos engadir a organización cada ano da Copa Sálvora de Fútbol Base, referente a nivel galego de torneos deste tipo, ou o Campus que cada verán se realiza no municipio.

No hay comentarios: