23 de abril de 2012

Campeóns e Ascenso






Logo dunha longa tempada o Sálvora acada o ascenso na última xornada. Nunha tarde denominada de transistores os salvoristas facían os deberes fronte o Trócolo cun marcador de 6-1, solo quedaba que chegaran boas noticias de Palmeira, e chegaron, os palmeiráns fixeron dobregar ao Xuño cun resultado de 3-1.

A ledicia chegou ata a campo da Tasca e tanto os xogadores como os afecionados franximarelos disfrutaron deste ansiado e traballado título de liga.

O equipo que dirixe Alberto Campaña acadou uns fabulosos números sendo os máximos goleadores da categoría, o segundo menos goleado e sólo cedendo dúas derrotas e tres empates.

Dende a directiva do Sálvora queremos agradecer a tódolos nosos afecionados o seu empuxe ao longo de toda a tempada.Tamén queremos agradecer o compromiso a cada un dos integrantes do plantel e o compañerismo que mostraron nos bos e nos malos momentos.
 

¡¡¡¡¡Noraboa Campeóns!!!!!

1 comentario:

huligan salvora dijo...

tamen acardadebos dos super cadetes qe estan a un puntiño do ascenso directo :P

PD: parabens para toda a plantilla