23 de mayo de 2011
Supercopa de Riveira, campeón Benxamín e Subcampeón Alevín
Chegaron representados nas dúas finais da Supercopa de Ribeira os salvoristas, donde sólo puideron acadar o título na menor das categorías.
Na categoría Alevín o equipo C, caeu en cuartos de final fronte o Sálvora B por un resultado de 0-6. Mentres no outro cuarto de final o Sálvora A derrotaba ao X.Aguiño B, por 2-0 nun partido con ocasións para ambos lados.
As semifinais depararían o encontro Sálvora A- Sálvora B, que logo dun partido moi disputado por ambos bandos se decidiría na tanda de penalties, donde Adrián o porteiro do A asumiría o protagonismo parándolle a Pepe o seu penalti.
Na final de dita categoría o rival sería o ATl. Oleiros que se levaría o título nos minutos finais do encontro, nun libre directo que subiría o 1-2 ao marcador final.
Na categoría Benxamín, o equipo B, dirixido por Coira, perdería na previa fronte o Alt. Oleiros por un resultado de 2-0. O Sálvora A, enfrontouse en semifinais fronte o verdugo do equipo B, o cal derrotaría por un contundente 6-1.
Na final enfrontouse ao X.Aguiño B, que derrotou na tanda de penalties ao Atl.Ribeira, donde o equipo dirixido por Siño saiu moi concentrado en acadar o título, levando a iniciativa do xogo e chegando con claridade a portería rival en diversas ocasións, o resultado final sería de 4-1 para os franximarelos que cerran así unha espectacular tempada acadando os títulos de liga, copa e supercopa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario