Vídeo adicado aos Afecionados
Chegou ao seu fin a 3ª autonómica grupo 7, no cal participa o noso clube. Logo dun inicio de tempada malo, con moitas lesións e pouca fortuna de cara o gol, o equipo senior acadou un meritorio cuarto posto.
Os números dos franxiamarelos foron bos, con un total 75 goles a favor e 25 en contra, levando a cabo unha moi boa segunda volta desplegando un bo fútbol e sen ser inferiores a calquera dos equipos que quedaron por enriba.
Os compoñentes do plantel senior foron:
- Porteiros: Javi,Juancho e Juan.
- Defensas: Coira,Suso,Héctor,Barrosa,Iván, Borjita e Anxo.
- Medios: Marcos, Roberto, Siño,Suso,Leyra,Damián,Víctor e Antonio.
- Dianteiros: Rey, Luis, Pichichi, Piñeiro e Orlando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario