Coa baixada do telón da primeira parte da tempada e coa segunda metade por comezar nos vindeiros días, temos que realizar un pequeno balance dos éxitos acadadados ata o momento.
O Sálvora compite en catro categorías: Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.En todas elas participa con dous equipos menos en Alevín na que ten inscritos tres equipos e na categoría Infantil na que compite con un.
Os resultados obtidos por todos estos nenos están por riba dos obxetivos imaxinados por calquer directivo e afecionado do Sálvora ao comezo da tempada, xa que os franxiamarelos obtiveron os títulos das categorías Benxamín, Alevín e Infantil acadando así o ascenso directo á Provincial na última das categorías citadas.
Pero non menos meritorios para a directiva salvorista foron os 6º e 8º posto obtidos polo equipo "A e C" na categoría Alevín, e o 6º posto ocupado polo equipo Benxamín "B", xa que estos son rapaces de primeiro ano e aseguran a magnífica continuidade de éxitos do clube nas vindeiras campañas e o máis importante mostran o bo traballo que se leva facendo por parte de tódolos adestradores e directivos do clube nestes últimos anos.
Na menor das categorías do fútbol, o Sálvora compite con dous equipos, o equipo A dirixido por Suso está situado na segunda posición por detrás dun bo S.D Xuño. O equipo B que está integrado por nenos formados na Escola Fútbol Sálvora e dirixidos por Anxo están situados nun meritorio oitavo posto da clasificación.
¡¡Parabéns para todos!

No hay comentarios:
Publicar un comentario