18 de enero de 2011

Sálvora C.F 1-2 S.D Abanqueiro

Os franxiamarelos visitan ao Galicia Bealo.




Dura derrota a obtida polo equipo afecionado na tarde do domingo logo de levar o dominio na segunda parte, caería por 1-2 nos minutos finais.

Nunha tarde intempestiva e con pouco público nas gradas saltou ao campo o equipo que dirixe Alberto Campaña coa idea de levarse os tres puntos. Despregando un fútbol directo dende o inicio do partido chegaron as primeiras oportunidades que unhas veces o árbitro con fóras de xogo moi meticulosos e outras a falta de acerto fixeron que se chegara ao 0-0 no descanso.

Na segunda metade o dominio do Sálvora foi absoluto ata o minuto 30. Adiantaríase o Abanqueiro nun erro do colexiado non pitando un fóra de xogo clamoroso que o dianteiro do equio visitante aproveitaría para batir a Javi.

Logo empatarían os franxiamarelos por medio de Rey que cunha boa xogada dentro da área levaría o 1-1 ao marcador. As ocasións para o equipo local foron de tódalas formas e cores pero a falta de acerto fixo que non subiran ao marcador. No minuto 87 chegaría a sentenza dos da Charca. logo dun saque de falta lateral remataría un xogador no segundo pao. Dende ahí ata o pitido final o locais terían un par de ocasións mais sen acerto de cara o gol.

Sálvora C.F: Javi,Coira,Iván,Barrosa,Héctor,Siño,Ángel,Damián,Orlando,Rey e Antonio.Cambios: Leyra,Suso,Pichichi e Borjita.

No hay comentarios: