5 de enero de 2011

Charla -Coloquio



O vindeiro sábado día 15 de Xaneiro as 18:30h no salón de actos do Conservatorio Municipal de Ribeira celebrarase a Charla Coloquio "Prevención de Lesións Deportivas". O evento será impartido polo médico deportivo José Antelo Paredes, Licenciado en Mediciña e Ciruxía pola USC,Máster en Traumatoloxía Deportiva pola UCAM e médico colaborador dos equipos ATH.Bilbao, R.C Celta de Vigo, Pontevedra C.F.

A entrada será gratuíta para tódolos asistentes e non é necesario a reserva de praza.

O timing será o seguinte:
  • 18:30: Presentación a carrego de Francisco Manuel Sampedro (Coordinador do fútbol base do Sálvora C.F).
  • 18:40- 19:30- Ponencia a carrego de José Antelo Paredes.
  • 19:30-20:00- Coloquio entre os asistentes ao evento.
Prevención de Lesións Deportivas abre un programa de charlas-coloquio que o Sálvora C.F pon en marcha este xaneiro e que se suman así as diferentes actividades extradeportivas que o clube leva desenrolando dende o ano 2007 coa Copa Sálvora, o Campus Cidade de Riveira e a Escola de Fútbol creada no 2009.

A esta charla-coloquio lle seguirán outras dúas con tan importantes para o deporte como son: a Hidratación Deportiva e a Nutrición do Deportista estas últimas todavía están por confirmar datas.

  • SÁBADO 15 DE XANEIRO
  • HORA: 18:30H
  • LUGAR : CONSERVATORIO MUNICIPAL DE RIBEIRA.

No hay comentarios: