10 de enero de 2011
Ano novo, victoria segura.
Nunha tarde soleada puidose ver un partido dominado dende principio a fin polo equipo que dirixe Alberto Campaña. Esta superioridade veríase reflexada aos 20 minutos co gol marcado por Siño dende a frontal dá área.
Antes do remate da primeira parte subiría o segundo gol ao marcador por mediación de Coira cun preciso remate de cabeza. Na segunda metade máis do mesmo, dominio total por parte dos franximarelos que levarían dous tantos máis ao marcador. O gol da honra do Baroña viría logo dun rechace ao borde da área pequena que Dani empuxaría ao fondo da meta defendida por Javi.
Para a vindeira semana o Sálvora se enfronta a un Abanqueiro que ven de perder no feudo do Palmeira.
Sálvora C.F: Javi,Víctor,Iván, Barrosa,Antonio, Siño,Coira,Marcos, Ángel, Orlando e Damián. Tamén xogaron: Pichichi,Anxo e Borjita.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario