13 de diciembre de 2010
Sálvora 3-1 Atl.Neixón
Nun partido gris e con moitas oscasións locais de cara gol levouse o Sálvora os tres puntos que o final da xornada serían moi importantes debido aos resultados que se deron noutros partidos que fan aupar aos homes de Alberto ao 5º posto a 7 puntos do ascenso.
Saíron os franxiamarelos enchufados ao partido, e no minuto 15 logo dun saque de falta lateral Coira cun bo cabezazo adiantaría no marcador aos locais. Logo seguiríase atacando pero con moitas ocasións erradas, ata que no minuto 20 da segunda parte Borjita engancharía un rechazo dentro da área pequena e levaríao ao fondo das redes, o último gol local tamén sería marcado polo capitán Borjita a dez minutos do final.
O próximo partido será en Caamaño o vindeiro domingo as 16:00h no campo da Prata.
Sálvora C.F:Juancho,Iván,Héctor,Barrosa,Víctor,Siño,Suso,Roberto,Ángel,Rey e Coira.Tamén xogaron Anxo,Damián,Borjita e Suso Jancho.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario