4 de octubre de 2010
Palmeira S.H 1-1 Sálvora C.F
Nunha tarde de condicións metereolóxicas adversas con choiva e vento presentábase o Sálvora no campo de Ventín cun plantel mermado polas baixas, ata 5 xogadores lesionados aos que se lle suma Siño que rompeu fibras no muslo dereito, terá para 3 semanas.
Comezou o encontro cunha homenaxe a Antonio, un colaborador falecido do Palmeira.Logo do pitido inicial o encontro foi moi disputado por parte de ambos bandos, con dominio para ambos lados en diferentes fases do partido.No minuto 15 os franxiamarelos fallarían unha pena máxima que lle pararía o porteiro local a Marcos.
Moveuse o marcador por primeira vez no minuto 15 da segunda metade cando Pichichi moi oportuno rematou un pase de Antonio. Chegarían as mellores oportunidades para os salvoristas nestes momentos xa que ademáis do gol lanzaron sendos disparos ao pao e longueiro respectivamente.
Logo do minuto 30 de segunda metade tomaría o mando do partido o Palmeira, ese dominio veríase reflexado co gol do empate local por medio de Chema.
Sálvora C.F: Javi,Iván,Héctor,Barrrosa,Borjita,Antonio,Siño,Marcos,Pichichi,Coira e Orlando.Tamén xogaron Suso Gancho,Ángel e Rey.
O Sálvora descansa esta semana e a vindeira xogará contra o recén fundado Argalo C.F na Fieiteira o domingo 17 de outubro as 16:30h.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario