3 de septiembre de 2010

Inicio Tempada

Prebenxamíns A campeóns da Supercopa 2010

A actualidade do Sálvora céntrase no comezo dos entrenos das categorías base. Esta semana comezaron adestrar tódolos equipos do Sálvora.

Para a presente campaña os franxiamarelos contara cun total de 8 equipos distrubuidos da seguinte maneira:
  • Categoría Prebenxamín 2 equipos.
  • Categoría Benxamín 2 equipos.
  • Categoría Alevín 3 equipos.
  • Categoría Infantil 1 equipo.
As categorías benxamín e alevín comezarán a competición o vindeiro 2 de Outubro, a categoría Infantil o 23 dese mesmo mes e os mais pequenos comezarán no mes de Xaneiro. Engadir que a nómina de futbolistas que engloba o Sálvora para a tempada 2010/2011 será de 140 en tódalas súas categorías.



En canto a categoría Senior resaltar que o Sálvora perdeu a final da Copa do Concello fronte ao Atl. Ribeira por un 5-0. O equipo de Alberto Campaña merdado polas lesión sucumbeu ante un bo atlético que demostrou que é un serio candidato ao ascenso a 1ª Autonómica logo dos numeros reforzos que realizou este verán.

Os salvoristas desplazaránse mañá Sábado a Bealo para seguir preparándose de cara a nova tempada, donde disputarán un partido amistoso fronte o equipo local, un dos canditados serios ao ascenso, o partido disputarase as 18:00h.

No hay comentarios: