Este sábado chegou ao seu fin a tempada 2009-10 para o Sálvora C.F coa disputa da Supercopa do Concello de Riveira na que os franximarelos levantarían o título na categoría Prebenxamín e Infantil . Na menor das categorías os pupilos de Coira derrotarían na final ao X.Aguiño por 2-1, mentres os rapaces de Fernando e Anxo ganaríanlle ao ATl.Ribeira por 4-2.
Na final benxamín e alevín tamén estarían presentes os salvoristas que perderían en ambas finais co X.Aguiño por 2-1 e 3-2 respectivamente.
A tempada foi moi longa e moitas as satisfacións ofrecidas polos conxuntos que compoñen o Sálvora C.F.
Comenzaba o ano dando a coñecer a Escola de Fútbol Sálvora na que participarían arredor de 50 nenos en idade precompetitiva dirixidos todos eles por Mosquera, moitos deles pasarían a formar parte do equipo B de prebenxamín.
Outra das novidades desta tempada foi a inclusión do equipo Infantil na competición oficial que obtería un meritorio segundo posto que daría asceso a disputar unha fase 1ª Autonómica, ascenso que a día de hoxe non está descartado debido ao ascenso a Liga Galega do Abanqueiro e Nicrariense polo que ascenderían os tres segundos clasificados de 2ª autonómica.
Resto de categorías:
- Afecionados
- Alevíns
- Benxamíns
- Prebenxamíns
Outro dos éxitos do clube foi o Equipo A xa que acadaron Liga, Copa e Supercopa, subcampeonato no Trofeo Porto de Villagarcía e o subcampeonato da Copa do Centenario, os números de estes rapaces fannos ver que teñen un bo ataque pero unha moi boa defensa encaixando un total de 12 goles na liga e dous na copa.
¡¡¡¡¡NORABOA PARA TODOS OS COMPOÑENTES DO CLUBE!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario