11 de junio de 2010
Prebenxamín A, Subcampeón Trofeo Centenario
O mércores disputouse en Santiago o Trofeo do Centenario da Federación Galega de Fútbol no que participaban os gañadores de cada un dos grupos de Prebenxamín.
No primeiro encontro os franxiamarelos gañaron a penaltis ao Silleda C.F.Logo de poñerse en vantaxe no marcador cun 2-0 relaxáronse e foi cando os rapaces de Silleda remontaron o encontro.Na tanda de penaltis a sorte aliouse co Sálvora xa que logo de lanzarse cinco penaltis(Lojo,Callón, Jorge, Alex e Adrián) o número 7 do Silleda lanzou ao pao.
Na final tocaría o S.D Abanqueiro que xa nos gañara na liga de fútbol sala de Boiro.Nesta ocasión o resultado foi de 2-0 para os boirenses, a falta de concentración dos rapaces de Coira fixo que os de Abanqueiro encarrilaron o encontro nos primeiros 10 minutos.
Logo o Sálvora dominou o encontro e acercóuse con moito perigo en diversas ocasións a meta boirista pero o gol non chegou en ningunha das numerosas ocasións fabricadas.
Equipo: Adrián,Lojo,Callón, Carlos,Adri de la Fuente,Jorge, Pablo Sampedro,Pablo Brión,Alex,Javito, Xavi e Fer.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario