6 de junio de 2010

Prebenxamín A, Campeón de Liga

Mércores disputarase a Copa Centenario Prebenxamín


Na tarde do sábado o Prebenxamín A proclamouse campeón de liga a dúas xornadas do remate da mesma, logo de derrotar ao seu máximo perseguidor o Atl.Ribeira por un contundente 4-0.

Os salvoristas dominaron dende principio a fin o encontro sen dar ningún tipo de opción ao Ribeira.Os goles chegaron cedo xa que no minuto 10 da primeira parte o Sálvora xa gañaba por 2-0 con goles de Jorge e Pablo Rego.Na segunda metade chegarían outros dous tantos que anotarían Miguel Lojo e Pablo Callón.

Como campeóns de liga participarán este mércores no Torneo do Centenario organizado pola Federación Galega de Fútbol que se disputará no campo santiagues de Santa Isabel.O primeiro rival dos rapaces que dirixe Coira será o Silleda C.F. Na outra semifinal enfróntanse o Abanqueiro e o Cruces.

No hay comentarios: