Este fin de semana disputóuse o I Torneo Porto de Villagarcía organizado polo Arosa S.C no cal participou o Prebenxamín A o cal quedou nun 2º posto moi meritorio ao perder na final ca Escola Deportiva Ames por un resultado de 2-0.
Antes da final os pupilos de Coira tiveron que disputar unha primeira fase de grupo donde quedaría nun segundo posto por detrás do campión Ames obtendo dúas victorias e unha derrota. Nos cuartos de final enfrontaríanse contra o Balaídos C.F nun partido moi igualado que ao final dos 24 minutos regulamentarios o Sálvora impondríase por 2-1.
Na semifinal o rival sería o C.D Conxo, os salvoristas desenvolveron un gran fútbol de contragolpe e unha gran concentración defensiva durante todo o encontro, deciríase o partido na tanda de penalties logo dun disputado 4-4.
Na gran final esperaría o E.D Ames que foi o único equipo capaz de batir ao Sálvora C.F neste torneo. O partido foi moi disputado por ambos bandos con continuos ataques nunha e outra portería pero as individualidades decantaron o marcador por parte do equipo
santiagués.
Aínda que todos realizaron un gran torneo temos que destacar a aportación individual de Jorge Novo, Adrián Lijó, Pablo Callón e Adrián de la Fuente.
Equipo: Adrián Lijó,Miguel Lojo,Pablo Callón,Adrián de la Fuente,Xavi,Javito,Pablo Brión,Carlos,Fernando,Pablo Fandiño,Jorge Novo.
¡¡¡Noraboa rapaces!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario