Debido o mal tempo non se puderon xogar todos os partidos previstos, así nin os dous alevíns que xogaban na Tasca nin o benxamín A que xogaba en As Furnas puderon celebrar os seus encontros.
En prebenxamíns o Sálvora goleou 8-0 ó Crocha, logrando primeira victoria no torneo.
En benxamíns o equipo B de Siño voltou a gañar por 2-7 ó Atlético Riveira dando mostras da súa melloría.
En infantís gran resultado dos de Fernando e Anxo que gañaron 7-0 ó Atlético Oleiros e colócanse líderes da súa categoría.
A nota negativa deronna os senior que nun partido moi disputado perderon 1-0 ante o Crocha en A Alta.
Nun partido moi intenso e con múltiples ocasións de gol para os dous equipos, sobre todo na primeira parte, foron os da Puebla o que se levaron a victoria grazas a un remate de cabeza no minuto 65 de partido. A partir de ahí apenas se xogou, con continuas pérdidas de tempo o Crocha replegouse buscando as contras e o Sálvora embotellou o Crocha pero sen fortuna xa que un tiro de Isi foi ó travesaño e un defensa do Crocha salvou sobre a liña de gol un disparo de Suso.
Polo Sálvora xogaron: Juancho, Borja, Suso, Leyra, Cánive, Toño, Siño, Juve, Anxo, Isi e Orlando. Tamén xogaron Artola, Chile e Jesús
Con este resultado os de Alberto pasan a cuarta posición da tabla, esperando asís que os equipos contrarios non saían xogándose a vida ante nos coma nos pasou ante o Olveira, Queiruga, Baroña e Crocha, que semellaban que gañaban a Champións se pinchaba o Sálvora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario