9 de noviembre de 2009

RESULTADOS DO PASADO FIN DE SEMANA

En Benxamíns o Salvora B derrotou ó Sálvora A por 4 goles a 1, nun partido en que os rapaces de Siño demostraron a súa melloría no xogo e sobre todo sairon ó campo con ganas de xogar o fútbol e de comerse o equipo A. Desde o principio de partido foron mellores e demostraronno cun gran fútbol, que desarbolou por completo o equipo dirixido por Artola, que sairon pensando en que estaba todo gañado por ser máis grandes e donde quedou reflexado que se non se teñen ganas non se pode xogar e moito menos gañar a calquera rival. Os de Artola voltaron a mostrar que son capaces do mellor e do peor, e agora están cuartos na clasificación debido a súa irregularidade.
En Alevíns o equipo B de Jose gañou por 5-0 ó de Dani García encaramándose no máis alto da clasificación empatado a puntos co Atlético Oleiros. Os de Dani manteñense no medio da tabla.
En infantís gran debut do equipo do Sálvora que arrollou ó Puebla por 5-0 con goles de Nacho, Juan, Alfonso, Fran e Lijó.
En Seniors os de Alberto Campaña voltan a ser líderes tras gañar con moito sufrimento en Queurga por 1-2. Nun partido moi trabado, que se complicou moito no minuto 3 cun gol de Beni para o equipo local o Sálvora , a pesar de levar o control do partido e que os 20 minutos Suso empatou nun espectacular remate de cabeza, non pudo despelgar o xogo da semana pasada ante o Xuño.
Tras o empate de Suso tiveronse varias ocasións de gol que se erraron (Artola, Marcos, Orlando, etc) e o pantasma do partido contra o Olveira parecía voltar, sen embargo na segunda parte, no minuto 70 Anxo de remate cruzado poñía o 1-2 definitivo. Ata o final sufrimento polos balóns colgados do Queiruga xa que co resultado tan curto un despiste podía provocar o empate dos locais. O final con este resultado e unido a derrota do Cabo de Cruz no seu campo ante o Galicía Bealo provoca que o Sálvora se convirta en líder en solitario da categoría.

No hay comentarios: