Gran inicio de temporada do equipo senior do Sálvora que colleitou unha victoria no seu desplazamento do pasado Domingo 4 de octubre fronte ó Abanqueiro B.
Cunhas malas condicións climáticas e cun campo totalmente embarrado os pupilos de Alberto gañaron por 1-3 ante un rival incómodo, con xente xoven e de calidade coma é o Abanqueiro B.
Os goles foron conseguidos por Rubén no minuto 25 o 0-1, e xa na segunda parte empatou o Abanqueiro de penalti no minuto 60, e o 1-2 foi conseguido por Isi no minuto 70 e no 75 voltou a marcar Isi o definitivo 1-3.
Foi un partido con múltiples ocasións para o Sálvora, sobre todo na primeira parte, na que o balón non quixo entrar e que se complicou co empate mediada a segunda parte, pero que finalmente Isi, entrando desde o banco sentenciou con 2 goles e logrando unha merecida victoria sobre un campo enlamado que perxudicou o xogo dos dous equipos.
Polo Sálvora xogaron de inicio: Juan, Iván, Suso, Roberto, Chapi, Leyra, Siño, Pablo, Coira, Orlando e Rubén. No banquillo Bahamonde, Borjita, Jesús, Anxo e Isi.
A vindeira xornada será o Domingo 11 de outubro ante o Palmeira, no Campo Sintético de A Fieiteira as 16:30 horas.
Esperamosvos....
No hay comentarios:
Publicar un comentario