13 de octubre de 2009

2ª XORNADA 3ª AUTONÓMICA

Nova victoria ante o Palmeira dos de Alberto Campaña que pola diferenza de goles sitúanse líderes da categoría.
Nun partido para esquencer o Sálvora gañou 5-1 o Palmeira. O partido comenzou ben para o Sálvora que ós 25 minutos de partido xa gañaba por 2-0 con goles de Orlando e Isi, pero a partir dese momento o equipo deixou de xogar e o Palmeira empezaba a trenzar xogadas e poñendo en perigo a portería de Juancho. Sen embargo, tamén o Sálvorade forma illada chegaba con perigo a portería contraria con ocasións para Orlando, Rubén e Isi.
Na segunda parte o Palmeira foise para arriba e logrou o 2-1 ós 6o minutos de partido, tras quedar con 10 os dous equipos polas expulsións de Cánive e Sito.
Tras uns instantes de sufrimento Isi de falta directa materializou o 3-1 no mínuto 70 e no 75 voltaba a marcar o cuarto. No minuto 85 Artola cerraba a conta de goles deste partido e poñía o definitivo 5-1.
Polo Sálvora xogaron: Juancho, Anxo, Cánibe, Suso, Borjita, Jesús, Leyra, Pablo, Isi, Orlando e Rubén. Na segunda parte entraron Juve e Artola.
A vindeira semana voltamos a xogar na Fieiteira ante o Caamaño, un rival duro ó que debe vencerse para seguir sendo líderes da categoría, xa que os rivais que nos empatan a puntos o Cabo de Cruz e o Crocha enfrentanse a vindeira semana entre eles.

No hay comentarios: