18 de septiembre de 2009

PARTIDOS AMISTOSOS DESTE FIN DE SEMANA

Este fin de semana comeza unha axetreada temporada para o Sálvora coa participación dos diferentes equipos en torneos e partidos amistosos.
Mañán sábado os Benxamíns A, Alevíns A e Infantís participan nun torneo en Carreira, donde se enfrontarán ó Porto do Son e o Carreira. Os benxamíns e alevíns xogan a partir das 10 da mañán e os infantis a partir das 16:00 horas.
O Alevín B vai participar no Torneo do Nazareno de Futbol 7 , organizado polo Crocha na Pobra do Caramiñal. Os de Jose comezan a súa andadura na nova categoría tra-los éxitos colleitados na etapa benxamín.
O equipo senior continua coa preparación para a nova temporada cun novo amistoso, neste caso contra o Galicia Bealo en terras boirenses, a partir das 17:oo horas. Os de Alberto enfrentanse a un dos favoritos ó ascenso e esperan seguir coa sua racha de resultados, xa que non coñecen a derrota nesta pretemporada. Recordamos que xa xogaron contra o Palmeira (4-0), Riveira (2-2), Artes (3-3), Xuño (1-1) e Furia Atlético (4-2).
O vindeiro luns informaremos dos resultados colleitados nesta fin de semana.
Seguiremos informando....

No hay comentarios: