Este fin de semana o Sálvora C.F cerrou a tempada 2008-09 cunha gran festa celebrada no marco incomparable de Couso.
Ata alí achegáronse tódolos compoñentes de este gran clube:rapaces,directivos, entrenadores e pais. Dende o mediodía ata o solpor puideron disfrutar dunha amplia gama de productos típicos de estas datas como sardiñas asadas,churrasco, tortilas e empanadas coas que contribuiron cada pai e nai para a ocasión.
Como fin de festa os adestradores foron agasallados polos seus "grandes" xogadores, que lles fixeron entrega de diferentes detalles a cada un en agradecimento ao esforzo que feito esta tempada e para que o Sálvora sega contando cunha canteira que día a día vai dando os seus froitos.
Pdta: Tódalas fotos na galería web.
¡¡¡¡Noraboa a todos e ata tempada próxima!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario