Os pupilos de Fran sacan a diante un partido que se lle puxo moi costa arriba no minuto 15 cá expulsión de Moto.
O domingo na Fieiteira cuns 50 espectarodes na bancada, puídose ver unha remontada épica dos salvoristas logo de que o colexiado no minuto 15 os deixara cun home menos pola expulsión de Juan Moto por dobre cartulina amarela e cun penalti que pararía Juan.
No minuto 40 logo dunha boa contra do Cruido chegaría o primeiro gol de Luisito, o marcador non variaría antes do descanso.
Na segunda parte os salvoristas sairían ó ataque, tuveron varias oportunidades claras pero unhas veces o porteiro e outras os paos fixeron que non subira ningún gol ó marcador local, noutra contra e co Sálvora volcado ó ataque o equipo de Lousame marcaría o 0-2 por medio de Luisito.
Entón comezaría a remontada épica dos locais, no minuto 25 logo dun saque de falta lateral chegaría o 1-2, no minuto 35 o equipo de "Fran" empataría o encontro por medio dun penalti a Coira, lanzaría Siño e anotaría o 2-2.
Cando xa parecía que o encontro acabaría en táboas chegaría o tanto do goleador da categoría: Artola, nun remate de cabeza dentro da área do Cruido culminando así unha remontada espectacular que deixa ó Sálvora líder unha semana máis.
Sálvora cf: Juan,Anxo,Torres(Borjita min 55), Moto,Pavo(Cuco min.70),Siño,Chile,Rucho(Juve min 60),Maki(Chapi min15),Coira,Artola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario