O Sálvora obtivo a súa primeira derrota en Cabo de Cruz cun penalti moi discutido.
Nun partido gris, sen oportunidades claras para ambos equipos e con decisións arbitrais máis que duvidosas foi o balance que se pode sacar do desprazamento do equipo de Fran a Cabo de Cruz.
Nos primeiros 45 minutos o Sálvora saiu durmido chegando en ocasións esporádicas a portería defendida por Patiño, no minuto 20, nuha xogada onde o árbitro non sinalou un penalti claro a Artola chegaría a nota negativa do encontro xa que o xogador salvorista tería que ser trasladado ó hospital por unha contusión na cabeza.
Logo dun saque de esquina chegaría a primeira oportunidade do equipo local, logo de que o árbitro sinalase o primeiro de dous penaltis moi rigurosos en contra do Sálvora, lanzaríao Borja e pararía Juan Can.
Na segunda metade o xogo foi máis do mesmo, ataques lentos e posesións longas, chegadas a área mediante saques de falta lateráis ata que no minuto 80 outra vez o trencilla do colexio de Santiago sinalou un penalti de Juan ó dianteiro local que de ser falta foi fóra da área, esta vez Leandro marcaría e subiría ó único tanto ó marcador do encontro.
Sálvora cf: Juan Can,Anxo,Leyra,Torres,Cuco,Siño,Rucho(Juve min 55),Chile,Maki,Artola(Borjita),Coira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario