Un 1-2 foi o resultado que colleitou o Sálvora no seu desprazamento a Caamaño na tarde do domingo.
Nunha primeira parte dominada polo equipo de Fran, onde as ocasións de gol chegaban pero os paos e as decisións arbitrais farían que non subirán goles ó marcador nos primeiros 45 minutos.
No inicio da segunda metade adiantaríanse os visitantes por medio de Artola, nunha xogada con picardía esperando o fallo do porteiro local. Adrián nunha boa xogada individual levaría o 1-1 ó campo da Prata. A 10 minutos do final e logo dun bo pase de Juan Can dende o medio do campo outra vez Artola marcaría o 1-2 final, terían os salvoristas dous tiros ós paus ata o remate do encontro.
Sálvora cf: Tubi,Anxo,Moto,Torres,David,Coira,Maki(Juan Lado),Leyra(Juan Can),Rubén,Artola,
No hay comentarios:
Publicar un comentario