29 de octubre de 2008

Crónica SH Palmeira- Sálvora cf

Con goles de Borjita e Rucho saldou o Sálvora o seu desprazamento a Palmeira.

Un campo en moi malas condicións e o equipo dirixido por Fran ofrecendo o xusto para gañar foi o que puideron ver os afecionados que se achegaron ata Ventín na tarde do domingo.

O primeiro gol chegaría logo do saque dunha falta lateral que Borjita remataría no segundo pau, as ocasións de gol serían moi contadas e o encontro estaría dominado polos salvoristas de principio a fin.

Nuha boa xogada iniciada por Chile chegaría o segundo gol, logo dun bo pase en profundidade a Rucho, éste remataría cun "chut" que se colaría pola escadra esquerda da meta palmeirense.

Sálvora cf: Juan,Anxo,Borjita(Cuco min 55),Alex,Torres,Chile,Siño(Marcos min 50),Rucho(Maki min 60),Leyra(Borja min 75),Coira(Moto min 80), Artola.


Este fin de semana o Sálvora descansa o próximo partido será contra o AD Cruido no campo da Fieiteira.

No hay comentarios: