Plantel do Sálvora con María Vilas
Partido moi disputado onte na Fieiteira entre o Sálvora C.F e a U.D Queiruga. O dominio alterno do xogo e ocacións para ambos foi a tónica xeral do encotro que remataría cun empate a tres goles.
Debutaba o equipo dirixido por Siño Campaña ante a súa afeción, saltou o equipo salvorista ao terreo de xogo moi enchufado no partido e conseguiría o primeiro gol aos 15 minutos logo de unha man dentro da área do Queiruga que materializaría Moisés. Dende este minuto ata o 45, serían primeiro os pequenos erros e logo a falta de concentración os que farían que o Queiruga se adiantara no marcador chegando ao decanso cun marcador a favor de 1-3.
Logo do descanso o Sálvora, comezou a dominar o xogo mediante ataques combinados e boas incorporacións por ambas bandas, este dominio veríase reflexado no marcador aos 6 minutos da reanudación cun gol de Carlos a pase de Elvis. Seguiu dominando o xogo o Sálvora e obtería o empate a falta de 10 minutos do final, logo do derribo dentro da área de Graña, xuvenil que debutaba no día de onte co equipo senior, o penalti sería materializado por Moisés.
Quedaban así 10 minutos donde o Sálvora puido tanto gañar o encontro con varias ocacións fallidas dentro da área, como perdelo no minuto 90, logo do saque dunha falta lateral donde varios xogadores salvoristas quedaron protestando ao colexiado e o Queiruga lanzaría un tiro a ras do pao. O equipo salvorista ofreceu boas sensacións, pero non tivo a concetración necesaria para pechar o marcador cando dominou o xogo.
Sálvora C.F: Javier, Juan Lado, Simón, Cristian, Álvaro, Elvis, Marcos, Carlos, Pulgui, Moisés,Damián. Banquillo: Sergio, Iván, Graña, Rafa, Jasinho.

No hay comentarios:
Publicar un comentario