10 de abril de 2013

CAMPAÑA "GOLES CONTRA O CANCRO" - DOMINGO 14 DE ABRIL SÁLVORA CF - AGRON CF


O vindeiro Domingo 14 de Abril a partir das 17:00 horas celebrase no Campo Municipal Sintético de A Fieiteira o partido do Grupo 5 de Segunda Autonómica entre o Sálvora CF e o Agrón CF.
A directiva do Sálvora CF (clube riveirense e lider neste intre da competición), tomou a decisión de que todo o beneficio que se recade no encontro (Venta de Entradas e Rifas) será destinado a Delegación de Riveira da Asociación de Loita contra o Cancro (AECC). O custo da entrada será de 2 Euros.
Baixo o lema “Goles contra o Cancro” o Sálvora CF quere promover a sensibilización social sobre a necesidade de obter financiación para poder acabar con esta enfermidade, tendo como finalidade recadar fondos para seguir cos proxectos que a AECC, (neste caso para a Delegación de Riveira) leva a cabo que non son outros que manter o compromiso da cidadanía na loita contra esta enfermidade, extender a información sobre as formas de combatila e recordar como conviven co cáncro as persoas que o padecen e as súas familias.
Unha pequena maneira de apoio que desde este pequeno e humilde clube do concello podemos ofrecer para colaborar coas asociacións do Concello de Riveira que traballan polo ben de toda a sociedade e coas que o Sálvora CF sempre está aberto a colaborar.
Esta é unha  nova acción solidaria que desde a directiva encabezada por Ramón Martínez se realiza esta temporada polo que desde a directiva do Sálvora apelamos á solidariedade dos riveirenses para que colaboren con esta iniciativa e acudan o domingo o campo para colaborar con esta iniciativa.
Esta campaña de “Goles contra o Cancro” queremos facela enmárcandoa dentro da responsabilidade social que coma clube de Riveira, con máis  de 150 nenos na súa nómina e cunha ampla masa social e de aficionados na que debemos estar colaborando en todas as acción solidarias que podamos polo ben do conxunto da cidadanía e que se suma as desenroladas a prol de Cáritas de Riveira ou da Cofradía da Dorna.
Recordar que a roda de prensa de Presentación desta Campaña será o vindeiro Mércores 10 de Abril as 20:00 horas no Local que a Asociación Española contra o Cancro ten en Riveira na Rúa Miguel Rodríguez Bautista, nº 12 – Entrechán B.

No hay comentarios: