12 de marzo de 2013

PREMIOS GALA DO DEPORTE

O Sálvora CF recibeu o pasado venres na Gala do Deporte de Riveira dous premios nas categorías de "Mellor evento deportivo" pola organización da Copa Sálvora de Fútbol Base e que foi recollido por Ramón Martínez, Presidente do clube, e "Mellor Entidade na promoción do deporte de base e do deporte para todos" pola Escuela de Fútbol Sálvora, premio recollido polo Coordinador José Luis Campaña (Siño).
Desde aquí queremos agradecer o Xurado este recoñecemento e facer partícipe do mesmo a tódalas persoas que forman parte desta familia que somos o Sálvora CF, desde patrocinadores pasando por adestradores, xogadores, pais e nais da Base, aficionados e a todas aquelas persoas que se sinten orgullosos/as da tarefa que se está levando a cabo desde este pequeno clube de Riveira, apoiando o deporte desde a base e formando persoas. Sen o apoio de todas esto non sería posible. Gracias.




No hay comentarios: