15 de febrero de 2013

HOMENAXE A MARÍA VILAS E ALEX VIDAL


O vindeiro Domingo 17 de Febreiro a partir das 16:15 horas celebrase no Campo Municipal Sintético de A Fieiteira o partido do Grupo 5 de Segunda Autonómica entre o Sálvora CF e a SD Carcacía.
A xunta directiva do Sálvora CF (clube riveirense e líder neste intre da competición), tomou a decisión de homenaxear antes deste partido a dous dos máis grandes deportistas cos que conta o noso municipio como son María Vilas e Alex Vidal, os cales recibirán uns agasallos do clube e realizarán o saque de honra.
María Vilas, múltiple campeona de natación é un referente neste deporte non só na zona senón a nivel nacional e internacional, sendo un exemplo para a xuventude polo seu esforzo e traballo que a leva a conquerir múltiples éxitos.
Alex Vidal é o actual campeón do Mundo de Parataekwondo na categoría de -58 quilogramos, titulo conquerido en Aruba o pasado mes de Novembro. Ademáis forma parte da nosa familia xa que é o socio número 56 do Sálvora CF.
Desde a directiva queremos seguir realizando actos de este tipo como maneira de recoñecemento a todas aquelas personas que no eído deportivo demostran que con humildade, traballo, esforzo e sacrificio se poden conquerir as metas propostas.

No hay comentarios: