21 de septiembre de 2009

RESULTADOS DO PASADO FIN DE SEMANA

As categorías base do clube comezaron a súa andaina nesta temporada cunha serie de amistosos xogados este fin de semana.

No Campo de A Guía, no torneo organizado polo Carreira, o Sálvora resultou vencedor do triangular que os enfrentou ó Porto do Son e ó Carreira e no que se contabilizaban os puntos logrados nas 3 categorias, benxamíns, alevíns e infantís.

Os resultados foron os seguintes:

Na categoría benxamín Sálvora A 1- Porto do Son 0 e Carreira 1 - Sálvora A 1.

Na categoría alevín: Sálvora A 3 - Porto do Son 1 e Carreira 1 - Sálvora A 3.

Na categoría infantil: Porto do Son 3 - Sálvora 1 e Carreira 1 - Sálvora 2.

A destacar o bo debut do Alevín A, entrenado por Dani, que nos seus primeiros partidos xuntos acadaron 2 victorias.

No Torneo do Nazareno, organizado polo Crocha, e disputado na Alta fixo o seu debut na categoría alevín o equipo B dirixido por Jose, formado con rapaces de primeiro ano, que chegou ata as semifinais donde perdeu co Aguiño por 2-0. Na fase de grupos empatou a 2 goles co Abanqueiro e gañou ó Puebla por 1-0.

Para rematar na categoría senior o equipo dirixido por Alberto xogou un amigable ante o Galicia Bealo, un dos favoritos ó ascenso na 3ª rexional, en campo boirense colleitando unha victoria por 0-2 con goles de Rubén e Suso, e sigue sen coñecer a derrota na pretemporada.

No hay comentarios: