23 de septiembre de 2008

Sálvora CF 2- SD Xuño 2

Un bo partido puidose ver este domingo na Fieiteira onde o Sálvora empatou 2-2 cun bo Xuño.

Cunha parte para cada clube o resultado dase como bo.Nos primeiros 45 minutos o dominio foi do Sálvora, con boas ocasións para marcar gol; o primeiro do equipo de "Fran" chegou os 20 minutos cando Anxo saca unha falta lateral e Artola sube o primeiro ó marcador, o equipo xuñista empatou nun erro do colexiado non sinalando un fóra de xogo de Flaire.

O segundo gol foi de Anxo cun "centrochut" que meteu na portería defendida por Andrés, nos últimos minutos da primeira parte outra vez Flaire empataría para o equipo de "Marchi".

A segunda metade,cun baixón físico do equipo local, foi para o Xuño que atacou a portería defendida por Juan pero non puideron adiantarse no marcador, o Sálvora tivo un par de ocasións claras en sendos saques de falta.

Sálvora CF: Juan,Anxo,Moto,Chapi(Torres min 15),Borjita,Siño,Chile,Coira,Artola,Leyra,Marcos(Maki min 50).

No hay comentarios: