18 de octubre de 2016

FICHAXE DE YAGO DOMÍNGUEZ POLO CELTA DE VIGO


Sálvora CF fai oficial que o seu xogador de categoría Benxamín Yago Domínguez Fontaiña xogará desde o día de hoxe nas categoría Base do Real Clube Celta de Vigo.
Desde fai máis de un mes o xogador estivo participando en adestramentos e torneos co clube olívico e este venres os responsables da Base do Real Clube Celta puxeronse en contacto con nós para comunicarnos a nova e o interese en contar xa mesmo co xogador.
Yago é o primeiro xogador da entidade que, tras pasar pola Escola de Fútbol do clube, e as categorías Biberón, Prebenxamín e Benxamín, e reclamado por un dos grandes do fútbol galego, o que para nós e un orgullo.
Queremos agradecer o exquisito comportamento coa nosa entidade por parte do Real Clube Celta e dos seus representantes que sempre nos tiveron o tanto das súas actuacións, e que esperamos que sexa o inicio dunha fructífera amizade como xa nos indicaron desde a entidade viguesa.
Deixamos unhas fotos de Yago entre elas a do seu primeiro partido oficial co clube na categoría Biberón, en torneos co Celta e tamén cos seus compañeiros do Benxamín "B" do clube.



No hay comentarios: